Colexio A Mercé - CAMBADOS

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente
Home Actualidade Colexial A CADEIRA DO BISAVÓ

A CADEIRA DO BISAVÓ

E-mail Imprimir PDF

Hai uns meses, o Liceo Casino de Villagarcía propúxonos un proxecto en homenaxe
ao artista alemán Joseph Beuys.
No proxecto participaban outros centros da comarca.

O proxecto proposto era imitar o estilo do mencionado autor, que decoraba con plantas e outros materiais como  cera, graxa, fieltro...
A tarefa recaeu sobre os alumnos de plástica de 4ºA, que puxeron todo o empeño na decoración dunha
cadeira.

A cadeira que presentaron tróuxoa o alumno Anxo Ramón Torres.  Rescatouna do faiado dos seus avós. Pertenceu a Anxo Padín Vidal, máis coñecido como Angelito Currás, exdirector da Banda de música de Castrelo e bisavó de Anxo.

Entre tres alumnos, o mesmo Anxo, Nicolás Tilve García
e Adrián Méndez
Padín, deixándose a pel (e os dedos),
aproveitando recreos e clases de plástica, reconstruíron a
cadeira,
e coa  colaboración do
resto da clase, decoraron a cadeira
o máis bonito posible.

O resultado é evidente, unha verdadeira obra
de arte, digna do artista alemán.

A cadeira viaxou de exposición en exposición.

Ás de Villagarcía e Cambados asistiron os alumnos de 4º A para contemplar outros traballos presentados.

Tamén se expuxo en Vilanova, a Illa, a Cidade da Cultura  en Santiago de Compostela, o cal foi un verdadeiro privilexio.

Agora a cadeira está exposta na recepción do colexio.