Colexio A Mercé - CAMBADOS

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente
Home Actualidade Colexial COMUNICADOS DA DIRECCIÓN

COMUNICADOS DA DIRECCIÓN

E-mail Imprimir PDF

A DIRECCIÓN INFORMA SOBRE A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO ESCOLAR 2018-19
                                                   Orde do 9 de maio de 2018 (DOG do 21)

Estimadas familias,
remitímoslles esta nota informativa coa intención de lembrarlles algúns datos importantes sobre a participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para material:
PRAZO: a presentación de solicitudes realizarase ata o 22 de xuño de 2018 (indicado na circular previa)
Obrigas
Devolver os libros de texto, adquiridos coas axudas para libros de texto ou recibidos do fondo solidario no curso 2017-18.
A falta de devolución  ou a  devolución  de exemplares deteriorados  será causa de exclusión da participación no fondo solidario a das axudas para adquirir material escolar  no curso 2018-19.
As persoas titoras recollerán tódolos libros os días 18,19,20 e 21 de xuño. O luns, 25 de xuño, na entrega de notas, daránselles os libros necesarios para recuperar as materias pendentes.
Reciban un cordial saúdo
Mª Asunción Rodríguez Tesouro
Directora do Centro
Cambados-Castrelo, 15 xuño 2018


                                                                                                                                                                           11 de xuño de 2018
COMUNICADO PARA A FESTA DAS FAMILIAS E DESPEDIDA DE 4ºESO
Benqueridas familias,

coa presente queremos comunicarlles que o vindeiro xoves, día 21 de xuño, celebraremos a FESTA DAS FAMILIAS que inclúe a despedida dos alumnos e das alumnas de 4°ESO. Na Programación Xeral Anual estaba prevista para o sábado 23, pero por diversos motivos (confirmacións, festividade de San Xoán...) vémonos na obriga de cambiar a data de celebración do acto.
O programa que se desenvolverá no Salón de Actos é o seguinte:

15:30h    BENVIDA E MANIFESTOS DOS ANTIGOS ALUMNOS E DOS ALUMNOS  NOVOS.
                  BENDICIÓN E IMPOSICIÓN DE INSIGNIAS.
                  ENTREGA DE ORLAS
                  VELADA MUSICAL

17:15h MERENDA FAMILIAR (Comedor)

Agradecemos de antemán a súa puntualidade para poder cumprirmos co horario previsto.

Os actos están sendo preparados con moito agarimo pola ANPA, polo profesorado e o alumnado de 4°ESO,
así que os invitamos a participar e disfrutar desta xornada de convivencia. Coido que paga a pena asistir.

Prégolles que cubran a seguinte ficha de asistencia, que deberá ser entregada ao titor/-a correspondente antes do luns, 18 de xuño.

Agardando a súa presenza neste día de celebración familiar, reciban un agarimoso saúdo
Mª Asunción Rodríguez Tesouro
Directora do Centro

………………………………………………………………………………………………………………………..
A familia do alumno/-a _________________________________________________

participará nos actos do xoves, día 21 de xuño, asistindo [nº] ___________ familiares.