Colexio A Mercé - CAMBADOS

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente
Home Actualidade Colexial COMUNICADO DA DIRECCIÓN - INICIO CURSO 2018-19

COMUNICADO DA DIRECCIÓN - INICIO CURSO 2018-19

E-mail Imprimir PDF

 

Á ATENCIÓN DAS FAMILIAS DO NOSO ALUMNADO
Cambados, 3 de setembro de 2018

Benqueridas familias: 

Reciban un cordial saúdo no inicio deste curso 2018-2019. Póñémonos en comunicación con vostedes
para informalos dalgúns detalles e datas a ter en conta.
 

O comezo do curso terá lugar o vindeiro luns, 17 de setembro; os actos programados
para este día son os seguintes:

09:30h- Chegada ao Colexio
                  1
0:00h- Acto inaugural do Curso no Salón de Actos*.

11:00h- Encontro cos compañeiros e cos titores para saudarse, recibir o horario de cada curso
e presentar as liñas de actuación desta nova etapa.
12:05h- Recreo
12:35h- Inicio clases
14:15h- COMEDOR
17:10h- Saída
*Todas as familias están invitadas a participar no Acto Inaugural do Curso.

 

Ø  IMPORTANTE:

-O servizo de transporte funcionará desde o luns, 17 de setembro.

-O servizo de comedor funcionará a partir do luns, 17 de setembro.

A partir do martes, día 18 de setembro, o horario establecido é o seguinte:

Horas/días

LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

9:30h-9:35h

B. Días

B.Días

B.Días

B.Días

B.Días      

9:35h-10:25h

1ª clase

1ª clase

1ª clase

1ª clase

1ª clase

10:25h- 11:15h

2ª clase

2ª clase

2ª clase

2ª clase

2ª clase

11:15h-12:05h

3ª clase

3ª clase

3ª clase

3ª clase

3ª clase

12:05h-12:35h

RECREO

RECREO

RECREO

RECREO

RECREO

12:35h-13:25h

4ª clase

4ª clase

4ª clase

4ª clase

4ª clase

13:25h-14:15h

5ª clase

5ª clase

5ª clase

5ª clase

5ª clase

14:15h-15:30h

COMEDOR/

RECREO

COMEDOR/

RECREO

COMEDOR/

RECREO

COMEDOR/

RECREO

COMEDOR **

15:30h-16:20h

TITORÍA

6ª clase

6ª clase

6ª clase

 

16:20h-17:10h

7ª clase*

7ª clase

7ª clase

7ª clase

 

*Os luns, a 7ª hora, terán lugar as actividades deportivas, culturais e reunións de grupos formativos ADS e Catecumenado.

**Os venres tamén haberá servizo de comedor; ese día os alumnos sairán do Colexio ás 14:45h
nos autobuses ou coches particulares.

 Lembrámoslles, tamén, que a partir do 14 de setembro se publicarán as listaxes definitivas dos beneficiarios
do Fondo Solidario de Libros na páxina web e na porta do Colexio. O 17 de setembro procederase ao reparto de libros do Fondo Solidario no Centro.
 Reciban un agarimoso saúdo, especialmente para os alumnos/as que veñen por vez primeira ao noso Colexio.

Desexando un feliz curso para todos/as,                                                           
Atentamente,
Dna. Mª Asunción Rodríguez Tesouro
Directora do Colexio