Á ATENCiÓN DAS FAMILIAS DO NOSO ALUMNADO
Benqueridas familias:
A Comunidade Salesiana ofrecerá unha celebración adicada a tódolos familiares falecidos ao longo deste ano 2018,
en especial ao pai do noso compañeiro e xefe de Estudos D. Javier Vidal, á nai do noso compañeiro e profesor
D. Ramón Padín e ao noso irmán salesiano D. Luís Ordóñez Tamiet, que morreron recentemente. Convidamos a
tódolos membros da nosa comunidade educativo-pastoral (pais, nais, alumnado, PAS e profesorado) a
participar nesta Eucaristía.
A celebración terá lugar o vindeiro martes, 4 de decembro ás 17:30h na Igrexa do Colexio.
Transmitímoslles con antelación o noso agradecemento por asistir a este sentido recordo
polos que xa non están connosco.
**Se alguén quere que teñamos un recordo especial por algún membro da súa familia,
pregamos nolo comuniquen con antelación.
Reciban un cordila saúdo
D. José Rodríguez Pacheco
Director da Obra Salesiana