Colexio A Mercé - CAMBADOS

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente
Home Actualidade Colexial CRÓNICAS TORNEO MARÍA AUXILIADORA 2019

CRÓNICAS TORNEO MARÍA AUXILIADORA 2019

E-mail Imprimir PDF

 Laura Díaz e Laura Gómez. 

06/05/2019

Hoxe disputáronse os dous primeros partidos do torneo de María Auxiliadora. Por un lado Os Galácticos de Montepinar gañaron cun gol de ventaxa contra Os Primeiros por un total de 4 – 3, este partido estivo moi reñido. E polo outro lado xogaron os Aligators Chiquititos que se proclamaron gañadores cunha ventaxa de 3 goles contra os ECS cun total de 2 – 5, o equipo vencedor dominou o partido dende o primeiro minuto. 

07/05/2019
Hoxe tivemos un día cheo de deportes tanto pola mañá como pola tarde.
O partido de voleibol da mañá estivo arbritado pola alumna Candela Dezagoire, no cal enfrontáronse Os Primeiros contra o ECS, estes últimos gañaron cunha diferencia de 8 puntos cun resultado total de 17 - 25.
Por outro lado esa mesma mañá xogouse un partido de bádminton moi reñido no cal enfrontáronse Os Galácticos de Montepinar contra os Aligators Chiquititos, estes últimos gañaron con 2 puntos de diferencia no último minuto quedando a 24 - 26.
Pola tarde xogaronse dous partidos de Baloncesto. Por un lado Os Primeros perdieron contra Os Galácticos de Montepinar cun resultado final de 2 - 12. Aínda que Os Primeiros perdieron non deixaron de inténtalo ata o último segundo no cal encestóu Luis Portela.
E polo outro lado xogaron os ECS contra os Aligators Chiquititos, este último proclamouse gañador xa que tiveron a máxima posesión do partido, o resultado final foi de 14 - 27. 

 
08/05/2019
Hoxe xogaronse dous partidos, un de bádminton e outro de voleibol.
O partido de voleibol estivo supervisado pola alumna Candela Dezagoire, no cal enfrontáronse Os Galácticos de Montepinar contra os Aligators Chiquititos, estes últimos gañaron cunha diferencia de 16 puntos xa que tiveron a maior posesión do partido quedando 9 - 25.
Por outro lado xogaron ao bádminton Os Primeiros contra o ECS, estes últimos empezaron gañando pero Os Primeiros empataron, finalmente o ECS gañaron cunha vantaxe de 3 puntos quedando a 18 - 21.

09/05/2019
O día de hoxe disputáronse tres partidos, un de voleibol, outro de bádminton e un de baloncesto.
O partido de voleibol estivo arbitrado pola alumna Candela Dezagoire, no cal enfrontáronse Os Primeiros contra Aligators Chiquititos, estes últimos gañaron cunha diferencia de 15 puntos cun resultado total de 10 - 25. Pero pola falta de deportividade de parte dos Aligators Chiquititos Os Primeros leváronse a victoria.

Por outro lado xogaron ao bádminton os Galácticos de Montepinar contra o ECS, cun resultado de 21 - 9 os Galácticos de Montepinar leváronse a vitoria.

O partido de baloncesto deixounos grandes xogadas tales como as triplas executadas por Luís Portela, xogador de Os Primeiros, e Gonzalo Gómez, xogador do ECS. Os ECS gañaron cunha ventaxa de 12 puntos quedando  4 - 16.