Colexio A Mercé - CAMBADOS

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente
Home politica de calidade

POLÍTICA DE CALIDADE

E-mail Imprimir PDF

POLÍTICA DE CALIDADE
O noso colexio pon o alumnado no centro da súa acción educativa
buscando a formación da persoa segundo as ensinanzas de
Don Bosco: axudar os mozos a ser "honrados cidadáns e bos cristiáns"

 

 A NOSA MISIÓN

Somos unha Escola Salesiana que mira ao futuro coa responsabilidade de continuar o patrimonio pedagóxico e carismático de Don Bosco, e coa esperanza de dar unha resposta adecuada ás nenas/os e mozas/os de hoxe.

 

 A NOSA VISIÓN

 

Pretendemos ser unha escola inclusiva que acolla a todos e  cada un, cun talante baseado na proximidade e na creación dun ambiente educativo rico en valores evanxélicos ao estilo do Sistema Preventivo de Don Bosco.

Buscamos unha educación integral que axude a crecer como persoa e como cristián, soñando un mundo mellor.

Favorecemos unha escola a tempo completo: tempo libre educativo e conciliación familiar.

Apostamos pola innovación pedagóxica: as novas metodoloxías, o plurilingüismo e as tecnoloxías como instrumentos pedagóxicos.

    Avalamos o protagonismo    do alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe, e aspiramos desde o sentido crítico á construción dun mundo máis humano.

 

OS NOSOS VALORES

 

Somos educadoras e educadores comprometidos no desenvolvemento dos  valores propios do noso patrimonio educativo:

 

·     Acollida incondicional á persoa.

·     Confianza nas mozas e mozos.

·     Atención preferente polas persoas máis necesitadas.

·     Respecto á vida.

·     Esforzo como instrumento de crecemento.

·     Construción dun mundo máis solidario, xusto e pacífico.

·     Apertura á Transcendencia, a Deus.