Colexio A Mercé - CAMBADOS

  • Aumentar fuente
  • Fuente predeterminada
  • Disminuir fuente
Home normas de convivencia

NORMAS DE CONVIVENCIA

E-mail Imprimir PDF

A convivencia da nosa Comunidade Educativa precisa que as condutas individuais se adapten a unhas normas xerais as cales farán posible o desenvolvemento da actividade académica e as relacións interpersoais.  A continuación indícanse as fundamentais:

1 Respecto ás persoas que forman a Comunidade Educativa dentro e fora do Centro.
2 Favorecer unha conduta solidaria cos compañeiros, tolerante ante a diversidade e non discriminatoria.
3 Os alumnos deben utilizar un vocabulario correcto e adecuado.
4 A asistencia a clase é obrigatoria. As faltas de asistencia deben ser xustificadas ó titor por escrito, con anterioridade á ausencia, se é posible, ou ben o primeiro día de incorporación á clase.
5 Ningún alumno pode ausentarse do Centro durante o horario lectivo sen a autorización expresa do titor e baixo previa petición por parte dos pais.
6 Deben ser puntuales na asistencia a clase, tanto ó principio da xornada como despois dos recreos.
7 Os alumnos deben coidar o material e mobiliario do Centro. É deber de todos o mantemento e limpeza do Centro. Os estragos orixinados polo mal uso ou por neglixencia serán custeados polo autor.
8 É responsabilidade de cada alumno traer o material necesario para o desenvolvemento das distintas áreas de estudo.
9 Durante os períodos de recreo, os alumnos non poderán permanecer nas aulas nin nos corredores. Os lugares propios do recreo son o patio, o pórtico e a sala de xogos.
10 Os alumnos deberán presentarse no Centro ben aseados e vestidos de forma axeitada. Non están permitidos os pantalóns curtos (tipo bañador); por outra banda, o uso de gorras, viseiras, carapuchas, etc. estará limitado ós espazos exteriores.
11 Está prohibido traer ao colexo teléfonos móbiles, aparatos de  música, cámaras fotográficas, e todo material que non sexa escolar.
12 De acordo co Real Decreto 193/1988, do 4 de Maio, no recinto escolar está prohibido fumar.

A non contemplación destas normas será sancionada polo profesorado en xeral, a Xefatura de Estudos, a Dirección ou o Consello Escolar en cada caso, de acordo coas disposicións vixentes e segundo o Regulamento de Réxime Interior.